Inicio Carballo ao día Novas Directivos e técnicos da empresa...

Directivos e técnicos da empresa líder de auga e saneamento de Portugal visitan as instalacións do ciclo da auga en Carballo

Domingo 21 de abril do 2024

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibiu a unha delegación de directivos e técnicos das empresas Gestagua e Aquapor, lider na xestión de concesións municipais de prestación de servizos de auga e saneamento en Portugal. Fundada en 1997, Aquapor está integrada no Grupo SAUR desde o ano 2021, e presta servizo a máis de 1,3 millóns de persoas no país veciño.

A delegación técnica a administrativa estivo esta semana en Carballo para visitar as nosas instalacións do ciclo da auga, ver como se implementou a dixitalización do servizo no noso concello e estudar a implantación de novos desenvolvementos dixitais no sector da auga na península ibérica.

Na recepción celebrada na Alcaldía tamén participaron o concelleiro de Obras, Luis Lamas, e o enxeñeiro municipal, José Facal.

Compartir: