Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Corporación aproba por unanimidade a adhesión do Concello de Carballo á Rede de municipios pola sustentabilidade

SESIÓN PLENARIA DE XULLO

A Corporación aproba por unanimidade a adhesión do Concello de Carballo á Rede de municipios pola sustentabilidade

Martes 29 de xullo do 2008

A Corporación carballesa deu o visto bo á solicitude de adhesión do Concello de Carballo á Rede de municipios pola sustentabilidade nunha sesión plenaria celebrada o luns, 28 de xullo. Todos os grupos políticos apoiaron a proposta por unanimidade, nunha sesión na que tamén se aprobou un suplemento de crédito de 1,2 millóns de euros ou un crédito extraordinario que permitirá abrir as partidas necesarias para a execución do Proxecto Fórum Carballo, no que está incluída a construción da Casa dos Oficios no barrio da Milagrosa.

O Concello carballés instala paneis informativos no transcurso do Paseo do Anllóns

MEDIO AMBIENTE

O Concello carballés instala paneis informativos no transcurso do Paseo do Anllóns

Luns 28 de xullo do 2008

O Concello de Carballo vén de colocar unha serie de paneis informativos ao longo da beira do Paseo do Anllóns que atravesa a capital municipal. Trátase dunha serie de carteis divulgativos que ofrecen información medioambiental en varios puntos da senda fluvial e dos que xa poden desfrutar tanto os veciños como os visitantes.

As Landras pasará a formar parte o próximo curso da rede de Galescolas do Consorcio Galego

VICEPRESIDENCIA

As Landras pasará a formar parte o próximo curso da rede de Galescolas do Consorcio Galego

Luns 28 de xullo do 2008

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, vén de asinar hoxe -luns 28 de xullo- en Santiago o convenio que permitirá a inclusión da Escola Infantil As Landras na rede de Galescolas do Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar a partir do próximo curso. A incorporación do centro será efectiva no mes de setembro, momento en que as instalacións pasarán a depender da Xunta de Galicia.

A Consellería de Educación afrontará a ampliación do colexio Bergantiños da capital carballesa

ENSINO

A Consellería de Educación afrontará a ampliación do colexio Bergantiños da capital carballesa

Luns 28 de xullo do 2008

A Consellería de Educación iniciará os trámites para proceder á ampliación do centro escolar CEIP Bergantiños da capital municipal carballesa. Así o expresou o Delegado provincial deste departamento autonómico, José Manuel Mouriz Cabalo, despois dunha entrevista co Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e coa Concelleira de Educación, Mar Eirís. O obxectivo desta ampliación é solucionar os posibles problemas de escolarización que poidan xurdir no futuro no municipio.

Carballo convértese por unhas horas na sede dunha mostra itinerante de coches antigos

RUTA DE AUTOMÓBILES APÓSTOLO 2008

Carballo convértese por unhas horas na sede dunha mostra itinerante de coches antigos

Xoves 24 de xullo do 2008

A Praza do Concello de Carballo fará por unhas horas unha viaxe ao pasado ao acoller a Ruta Vigo-Costa da Morte-Santiago en Automóbiles Antigos Apóstolo 2008. Esta exposición itinerante, organizada polo Club Galego de Automóbiles Antigos -e coa que colabora o Concello de Carballo-, partiu o 23 de xullo dende a praia de Samil (en Vigo) coa intención de chegar ata Santiago e facerlle unha ofrenda ao Apóstolo. Polo camiño, fan parada en distintos puntos da Costa da Morte como Caión, Laxe, ou Muxía, e entre o xoves 24 de xullo e o venres 25 fondean en Carballo.

O Concello impulsa os trámites orzamentarios necesarios para a execución do Proxecto Fórum Carballo

SESIÓN PLENARIA DE XULLO

O Concello impulsa os trámites orzamentarios necesarios para a execución do Proxecto Fórum Carballo

Xoves 24 de xullo do 2008

O Goberno carballés presenta na sesión plenaria do mes de xullo a aprobación dun crédito extraordinario que permitirá abrir as partidas necesarias para a execución do Proxecto Fórum Carballo, unha iniciativa de dinamización socio-económica e sostible que permitirá rematar o complexo da Casa dos Oficios no barrio da Milagrosa, ademais de impulsar outras actuacións. O custo global deste proxecto é de 4.658.185 euros, dos que a Unión Europea, a través dos Fondos Feder, aporta 3.260.729.

Carballo pon en marcha un plan de viabilidade para poder dotar ao rural de cobertura de banda ampla

NOVAS TECNOLOXÍAS

Carballo pon en marcha un plan de viabilidade para poder dotar ao rural de cobertura de banda ampla

Xoves 24 de xullo do 2008

O Concello de Carballo vén de elaborar un estudo sobre a cobertura de internet de banda ampla no rural para poder detectar os baleiros existentes e lograr que todo o territorio municipal conte con este servizo. De feito, no mes de agosto estará listo un Plan de Viabilidade para a implantación de banda ampla que permitirá que as empresas de comunicación interesadas en ofrecer este servizo poidan acordar co Concello os mecanismos necesarios para a realización dos traballos.

Os talentos das artistas galegas Cristina Pato e Rosa Cedrón únense no espectáculo ‘Soas’

VERÁN CULTURAL

Os talentos das artistas galegas Cristina Pato e Rosa Cedrón únense no espectáculo ‘Soas’

Mércores 23 de xullo do 2008

A Praza do Concello de Carballo acolle o xoves 24 de xullo a representación do último espectáculo posto en marcha pola coñecida música Cristina Pato e a cantante Rosa Cedrón, que levarán aos espectadores carballeses a maxia de ‘Soas’. A partires das 22.30 horas deixarán no escenario unha combinacion íntima e de luxo proposta por dous dos grandes nomes da música que son, sen ningunha dúbida, as artistas galegas con máis proxección internacional.

‘En vacacións móvete’ propón actividades de lecer e aventura relacionadas coa natureza para a mocidade carballesa

CARBALLO SAUDABLE

‘En vacacións móvete’ propón actividades de lecer e aventura relacionadas coa natureza para a mocidade carballesa

Mércores 23 de xullo do 2008

O programa ‘Carballo Saudable’ pon en marcha a iniciativa ‘En vacacións móvete’, unha proposta dirixida especialmente aos rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos e que pon en marcha actividades relacionadas coa natureza. O obxectivo é a fidelización do deporte entre a mocidade con iniciativas atractivas e de aventura que incrementen o nivel de actividade física dos rapaces durante os períodos vacacionais.

A Concellaría de Medio Ambiente procede á limpeza de terreos para a prevención de incendios forestais

CAMPAÑA CONTRA O LUME

A Concellaría de Medio Ambiente procede á limpeza de terreos para a prevención de incendios forestais

Martes 22 de xullo do 2008

A Concellaría de Medio Ambiente que dirixe o tenente de alcalde José Antonio Viña, en cumprimento dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Carballo para a participación na protección dos núcleos rurais do municipio, acaba de emprender a limpeza de terreos para traballar en prol da prevención dos incendios forestais.

Realizados en Baldaio os traballos de derrubo do bar situado na zona das Saíñas

PRAIAS

Realizados en Baldaio os traballos de derrubo do bar situado na zona das Saíñas

Luns 21 de xullo do 2008

Ao longo de toda a mañá de hoxe -21 de xullo- os operarios teñen realizado os traballos de derrubo do bar situado no entorno das Saíñas, no areal carballés de Baldaio. Trátase dunha construción situada na zona de protección do dominio publico marítimo terrestre da Demarcación de Costas e que supuña un importante impacto visual negativo para a zona costeira da praia. O negocio leva pechado algún tempo e son os donos os que están procedendo a realizar os labores de demolición.

Finalizadas as obras da praza municipal de Ramil, da ampliación da Ponte da Casilla e de apertura de camiños en Baldaio

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Finalizadas as obras da praza municipal de Ramil, da ampliación da Ponte da Casilla e de apertura de camiños en Baldaio

Luns 21 de xullo do 2008

A sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de Carballo deu hoxe -21 de xullo- o visto bo definitivo ás certificacións finais de varias obras no Concello. En primeiro lugar aos traballos de ‘Acondicionamento de praza municipal en Ramil’; en segundo aos de ‘Apertura de camiños en Baldaio’; e, por último, á ‘Ampliación da ponte da Casilla’. En total, a inversión realizada nestas tres actuacións ascende a máis de 291.500 euros, sendo a obra máis cuantiosa a ponte da Casilla con 143.564 euros.

Compartir: