Descenso do Anllóns

Descenso do Anllóns

Descenso do Anllóns 2015

Co obxecto de recuperar o protagonismo que o Río Anllóns ten na celebración das Festas de San Xoán e ofertar actividades que combinen o carácter lúdico co participativo, a Asociación Cultural San Xoán, entidade organizadora destas Festas, convoca o XIX Descenso do Anllóns, no que poderán participar os equipos compostos por tres ou máis membros que se inscriban no Museo de Bergantiños (981 702 077) antes das 13.00 h do día 18 de xuño de 2016.

As embarcacións deberán estar construídas artesanalmente e poderán ser propulsadas por calquera medio (remo, vela, pedais, etc.), exceptuando a propulsión mecánica a motor.

Os/as participantes deberán percorrer o tramo do Río Anllóns comprendido entre o inicio do Bosque do Añón (Ponte de Bértoa) e o Parque do Anllóns. No circuíto haberá varias metas voantes e os participantes deberán efectuar varias probas de habilidade. O Descenso farase o día 25 de xuño a partir das 18.00 horas.

Subvencións e premios

As 25 primeiras embarcacións inscritas que finalicen o percorrido no tempo establecido, recibirán unha subvención por un importe de 30 €.

As embarcacións que cheguen á meta optan aos seguintes premios que se sinalan a continuación, podendo o xurado deixar deserto algún deles se o estima oportuno:

  • 1º Premio á embarcación máis orixinal: 300 €
  • 2º Premio á embarcación máis orixinal: 200 €
  • 3º Premio á embarcación máis orixinal: 100 €
  • 1º Premio á tripulación máis simpática: 200 €
  • 2º Premio á tripulación máis simpática: 100 €
  • Premio ás probas de habilidade: 100 € (patrocinado por ALQUILERES RENEYMAR)
  • Premio á embarcación máis veloz: 100 € (patrocinado por CASA FRANCISCO)

O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 250 €. Colabora Mercadona.

Os interesados e interesadas poden descargar as bases do concurso ao completo en pdf máis abaixo neste mesmo apartado.

Descargas

Compartir: