Presentación

San Xoán 2016

Un ano máis o fume das cachelas, o arrecendo das sardiñas, os sons da Festa do Bosque, a pólvora dos fogos de artificio, os ritmos das orquestras e dos concertos, as atraccións para os máis cativos (e non tan cativos) e toda a maxia que acompaña ao San Xoán invaden Carballo. A semana grande, do 22 ao 26 de xuño, agocha boa parte das sorpresas do programa, pero por diante temos todo un mes de xuño cheo de citas culturais, deportivas e, sobre todo, moi moi festeiras.

Como todos os anos, o cartaz anunciador das festas saíu dun concurso ao que nesta ocasión se presentaron 65 propostas chegadas de todas partes de Galicia e mesmo de fóra. O gañador, un asturiano afincado en Burriana (Castellón) plasmou o espíritu do San Xoán nunha sardiña moi colorida feita de serpentinas, unindo un dos símbolos máis recoñecibles das festas co seu lado máis divertido.

Unha imaxe que invade durante o mes de xuño todos os recunchos da vila e que reflicte un programa no que a Asociación Cultural San Xoán, o Concello e as asociacións culturais e deportivas do municipio poñen o mellor de si para recibir o verán por todo o alto.

Meigas fóra! Feliz San Xoán!

Ligazóns

Descargas



Galería

Compartir: