Festa do Bosque

Festa do Bosque 2015

Festa do Bosque 2015

Dende a súa recuperación para o programa do San Xoán, a Festa do Bosque é unha das citas máis emblemáticas das festas. Pon o punto e final a un mes de celebracións cunha romaría na que as familias e as pandillas de amigos se unen para comer, cantar, escoitar música e convivir no Bosque do Añón, gozando dun programa con citas para todas as idades.

Este ano celébrase algo máis tarde, o 3 de xullo, debido á convocatoria de Eleccións Xerais o 26 de xuño. Con esta decisión preténdese facilitar que todo o mundo poida gozar dun dos días grandes das celebracións patronais de Carballo e, por outra, racionalizar o traballo do persoal municipal -tanto administrativo como de obras- e dos efectivos de seguridade e emerxencias para que todo vaia á perfección.

En todo caso, como todos os anos, o programa está cheo de música, de comida, de xogos, de barcos de papel e de festa rachada para cativos e maiores.

  • 13.00 h. Sesión vermú con EVA e CAMILO
  • 16.30 h. Concurso de sobremesas e licores caseiros (Patrocina: Confitaría San Luís)
  • 17.30 h. Xogos Populares
  • 18.30 h. 112ª Edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel. Inscricións a partir das 17.30 h. (Patrocina: Tien21-Electrodomésticos Lorama)
  • 19.00 h. Animación musica a cargo de DJ DAVID
  • 21.00 h. Concerto de A BANDA da BALBINA

Compartir: