Concurso de Cachelas

Cachela gañadora 2015

A cachela dos Chopos gañou en 2015

Co obxecto de promocionar unha das manifestacións culturais máis importantes da celebración do San Xoán e recuperar unha tradición popular, a Asociación Cultural San Xoán, entidade organizadora das Festas de San Xoán 2016, organiza o XXIX Concurso de Cachelas,  no que poderán participar todos os grupos que o desexen, que deberán inscribirse no Museo de Bergantiños (981 702 077) antes das 13.00 horas do día 18 de xuño de 2016.

A valoración das cachelas realizarase, antes da súa queima, entre as 19.30 h. e as 23.00 h. do día 23 de xuño.

Subvencións e premios

As 20 primeiras cachelas inscritas que participen no Concurso e non resulten premiadas correspóndelle unha axuda de entre 20 e 50 €, segundo determine o xurado en función da súa calidade. Se o xurado considera que a súa calidade non é suficiente poderán non ter dereito a esta axuda.

As cachelas gañadoras recibirán os premios que se sinalan a continuación, e poderá o xurado deixar deserto algún deles se o estima oportuno:

  • 1º Premio: 600 € (aplicaráselle a retención fiscal correspondente)
  • 2º Premio: 250 €
  • 3º Premio: 175 €
  • 4º Premio: 125 €
Así mesmo o xurado poderá outorgar accésits por un valor de 150 € se o considerase pertinente.

Os interesados e interesadas poden descargar as bases do concurso ao completo en pdf máis abaixo neste mesmo apartado.

Descargas

Compartir: