Rexenera Fest

Do luns 30 de maio ata o domingo 5 de xuño do 2016 Rúas de Carballo - Todo o día

Rexenera Fest

O alemán Case Maclaim no Fórum Carballo, a polaca Natalia Rak na rúa Vila de Negreira, a arxentina Hyuro no Pazo da Cultura, o galego Nö3l na rúa Barcelona e o zaragozano Isaac Mahow na rúa Ecuador. Estes son os cinco nomes e as cinco localizacións de Carballo que cambiarán por completo durante a primeira semana de xuño (entre o luns 30 de maio e o domingo 5 de xuño) da man do festival Rexenera Fest.

Arte, conferencias, masterclasss, música..., nunha semana dedicada á arte urbana en Carballo.

Máis info, no web do festival: <wwww.rexenerafest.gal>.

Ligazóns

Compartir: