Carballo por etapas
Do venres 3 de xuño ata o domingo 5 de xuño do 2016 Locais hostaleiros da vila - De 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 h.
Un total de 20 locais hostaleiros de Carballo organizan a ruta gastronómica Carballo por etapas, na que degustar tapas feitas cos nosos mellores produtos durante dúas fins de semana. Entre o venres 3 e o domingo 5 de xuño ten lugar a segunda e última fin de semana con tapas a 1,50 euros nos 20 locais participantes, que sirven orixinais propostas gastronómicas os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. Con cada tapa entregarase un rasca co que poden conseguirse numerosos premios como gorras, camisetas, tapas, botellas de viño e de vermú, packs de copas de viño...
Os establecementos que decidiron subir este ano ao tren da popular ruta son A Barra Bar, A Cervecería de Luis, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Café Bar Embajador, Café Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cafetería Xorima, Cervecería Ágora, Cervecería Beos, Cervecería Dublín, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tapería Aturuxo e Trattoria Pizzería Vesuvio. A maioría repiten, pero tamén hai algunhas incorporacións.