XII Torneo Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo

Do venres 17 de xuño ata o domingo 19 de xuño do 2016 Campo de Fútbol As Eiroas - Venres, sábado e domingo

XII Torneo Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo

F.C. Barcelona, Real Madrid, R.C. Deportivo, R.C. Celta, O Porto, Real Valladolid, Real Oviedo, C.D. Lugo, as E.F. Luís Calvo Sanz e o club clasificado na Fase Final do VII Torneo Alevin Fútbol 11 Conservas Calvo son os equipos que participan no XII Torneo de Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo que ten lugar entre o venres 17 e o domingo 19 de xuño nas instalacións do Campo Municipal de As Eiroas.

O formato desta edición é por primeira vez de 10 equipos, sendo o sistema de competición igual ao de anos anteriores: liguiña a unha volta, todos contra todos e fase final título e Fase Final Consolación. É o único torneo de España no que se practica a modalidade na que todos os equipos xogan contra todos, de tal forma que todos os rapaces teñen a oportunidade de medirse entre eles.

Ligazóns

Compartir: