Actividades abertas ao público
De luns a venres ás 18.30 horas
LUNS 25
Andrea Bayer
CONTOS DE ANIMAIS E BECHIÑOS, ANDREA BAYER
Todos temos un animal favorito, eu teño o meu, adiviñamos cal é o teu?.
Sesión para público familiar, divertido e dinámico, onde todos gozaremos das historias de animais que un ano máis Andrea Bayer nos trae a Carballo.
MARTES 26
CONTIARIO, PABLÍSIMO
Pasen e vexan! Pasen e escoiten! Achéguense aos contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos que nunca rematan, contos minúsculos, contos canción… Presten atención e cando conte contos conten cantos contos conto!
MÉRCORES 27
CONTOS DE LOBOS, GHAZAFELHOS
Un Conto interactivo onde se mestura a maxina o circo ou a hipnose... Dous personaxes dispares, pero no fondo parecidos, acordan contar historias onde aparezan lobos… pero ao final fan maxia, hipnotizan, fan acrobacias… E os contos? Xa eles buscarán quen lles axude…
XOVES 28
O Mago Martín Camiña
A “BICHERÍA MÁXICA” DE MANUEL MARÍA, MARTÍN CAMIÑA
Un percorrido máxico, de humor e participación do público, a través dos cabaliños do demo, caracois... galos, merlos, cucos e demais “bichería”, do mago das palabras Manuel María. Un espectáculo
VENRES 29
GRANDES SEGREDOS DE ANIMAIS GRANDES E PEQUENOS, PAULA CARBALLEIRA
Ata os animais máis pequenos poden ter dentes, e iso, ás veces, mete medo. Pero eles, os animais, tan contentos, viven a súa vida. Pouca xente sabe que para amansar crocodilos non hai nada mellor que a poesía, ou que a baba dos caracois e das lesmas garda os segredo da xuventude e da beleza, ou que houbo unha vez unha formiga que non quixo ser obreira, nin raíña, senón cantante.