Presentación

Cartaz Programa Semana do Libro 2016

Un ano máis, e xa van once, o Concello de Carballo, en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) organiza a Semana do libro e a Lectura, unha cita pensada para descubrirlles aos nenos e nenas o goce de ler. Este ano o lema da semana é CANTA BICHERÍA, nunha homenaxe aos monstros, animais e personaxes míticos que invaden a literatura infantil. 

Ata 1.500 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria dos centros de ensino do municipio, así como familias enteiras asisten ao Pazo da Cultura durante toda unha semana para participar en obradoiros, contacontos e actividades relacionadas coa lectura. Non só polas mañás, para os colexios, senón tamén con citas lúdicas polas tardes abertas ao público familiar con contacontos, obradoiros, xogos, etc.

E por se fose pouco, podedes visitar exposicións de libros infantís cedidos por diferentes editoriais e unha mostra de materiais elaborados polos cativos e cativas dos centros de ensino que xiran arredor do lema distintivo que se propón cada ano. Esta edición coa posibilidade de que o público vote para escoller o que máis lle gusta!

Todo un completo programa para conseguir o fomento da lectura en idades temperás. Achegádevos ao Pazo da Cultura!

Descargas

Compartir: