Actividades concertadas cos centros de ensino

De luns a venres de 09.30 a 14.00 horas

LUNS 25, EDUCACIÓN INFANTIL

Baobab Teatro

O LOBO E A LÚA, Baobab Teatro (Obra premio Barriga Verde)
O lobo é a lúa conta a historia dun lobo que chama pola lúa, ten que falar con ela, ten algo moi importante que dicirlle, como a lúa está MOI alta non o escoita, así que o pequeno lobo fará o imposible para que o escoite.

MARTES 26, 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Crearte Servizos Culturais

Obradoiro de Crearte

ANIMALARIO FANTÁSTICO, Crearte Servizos Culturais
Un obradoiro plástico-literario no que comprobaremos como os animais, tanto os reais coma os imaxinados, son un tema recorrente dende a prehistoria ata a actualidade. Xogaremos a inventar animais a partir de historias narradas e cada participante creará un animal imaxinario único, nunca antes visto!

BICHOS EN GRAVADO, Nova Xestión Cultural e David Orihuela
Obradoiro onde coa técnica do gravado (con elementos sinxelos e doados de utilizar por parte do público infantil) poderemos realizar as nosas propias creacións artísticas, ademais de achegarnos a unha técnica artística moi atractiva.

CASAS PARA BESTAS, Nova Xestión Cultural e Paula Tubío
Obradoiro para crear espazos e construcións imaxinarias con materiais de refugallo, facendo referencia a elementos como arquitectura sostible, construción bioclimática, a construción de aldea (onde humanos e animais compartían espazos).

MÉRCORES 27, 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Teatro Ghazafelhos

FRANKENSTEIN, Teatro Ghazafelhos
Que se pode agochar nun escuro castelo perdido nas montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou, quizais, algo que non espera que o descubran? Unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan se o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non.

XOVES 28, 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Noemí López

FAUNA MÁXICA DE PAPEL. Noemí López, ilustradora
Con algúns “truquiños” de debuxo trasladaremos animais da mitoloxía galega ao papel, da man da ilustradora-autora da imaxe da Semana do Libro desta edición, autora tamén da iconografía da Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia, Galicia Encantada.

ANIMALARIO. CREAMOS ANIMAIS IMAXINARIOS, Van Divulgación
Partindo de imaxes de animais reais mesturaremos distintas partes dos seus corpos para crear novos seres inventados, propios da ciencia ficción, tal e como fixo o Profesor Revillod no seu Animalario Universal.

VENRES 29, 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Paula Carballeira

Paula Carballeira

BICHOS ROBÓTICOS, Ceo Aberto
Actividade cun importante compoñente artístico que combina a ciencia e a tecnoloxía. Consiste na construción do noso propio “bicho robótico” que logo programaremos para facer un percorrido e emitir os sons do animal ao que representa.

DA BICHERÍA ÁS ILUSIÓNS, Mago Martín Camiña
Unha aposta divertida e entretida para achegarnos ao mundo do ilusionismo.Unha clase metida entre libros, cortizas das botellas e a grande dose de imaxinación dos nenos e nenas. Traballaremos as habilidades manuais, matemáticas, enxeño,…, ademais das capacidades de comunicación na presentación dos efectos máxicos.

ANIMAIS COMA NÓS, Paula Carballeira
A miúdo sentímonos coma bichos: pequenos, fráxiles, e temos medo que alguén nos pise a cabeza, ou que nos poña unha trampa, pero hai contos que nos falan de pequenos animais cunha valentía enorme, ou unha intelixencia que os leva a resolver grandes misterios. En África cóntase a historia dun sapo cunha pedra preciosa na cabeza. No norte de Europa, alá onde vive a neve e o frío, unha nena saíu na busca da felicidade e os animais puxéronse da súa parte. No norte de América, entre os bosques, un moucho conseguiu deixar de lado o aburrimento. Se cadra, no fondo, non
é malo sentirse un pouco animal ás veces.

Compartir: