Exposicións permanentes
De 9.30 a 14.00 h. para os centros de ensino; de 18.00 a 20.00 h. para o público en xeral
Unha mostra dos materiais que poden verse no segundo andar
Como cada ano durante a Semana do Libro o Pazo da Cultura queda invadido por varias exposicións elaboradas tanto con libros e materiais cedidos por distintas editoriais (Baía, Cumio, Galaxia, Kalandraka, OQO editora, Urco e Xerais), como polos traballos elaborados polo alumnado dos centros de ensino de Carballo.
Este ano, coa axuda do profesorado e inspirados e inspiradas polo tema deste ano CANTA BICHERÍA, e polo traballo de MANUEL MARÍA, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, enchen de imaxinación as dependencias do segundo andar.
- EXPOSICIÓN DE KALANDRAKA
- EXPOSICIÓN DE LIBROS CEDIDOS POLAS EDITORIAIS E POLO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
- EXPOSICIÓN DE MATERIAIS ELABORADOS POR ALUMNAS E ALUMNOS DOS CENTROS DE ENSINO DE CARBALLO